Sin bandos. Con datos.

Comparamos lo que cuentan los medios con lo que dicen los datos

Portada › Elecciones › Elecciones generales › Promesas

Promesas · BNG · 2019

Compromisos citados literalmente de los programas electorales (con su página) y de las declaraciones en canales oficiales desde la convocatoria. Mismo método para todos los partidos.

Impuestos 2

Qué cambia entre su programa de 2019 y el de 2023

Dos promesas se cuentan como la misma si comparten la mayor parte de sus palabras de contenido (criterio conservador). Repetir una promesa no dice si se cumplió; que desaparezca, tampoco.

promesas repetidas

  • «O BNG, sen perder nunca de vista o horizonte estratéxico da soberanía, defenderá todas aquelas medidas que se orientaren nun sentido democratizador e de recoñecemento dos nosos dereitos nacionais.» Programa electoral 2023, pág. 10 Territorio y autogobierno
    2019: «O BNG, sen perder nunca de vista o horizonte estratéxico da soberanía, defenderá todas aquelas medidas que foren nun sentido democratizador e de recoñecemento dos nosos dereitos nacionais.» pág. 8

que ya no aparecen

  • «Frente a estes retrocesos en dereitos e liberdades, a presenza do BNG en Madrid servirá tamén para defender a democracia e os dereitos individuais e colectivos como pobo, comezando polo dereito de autodeterminación.» Programa electoral 2019, pág. 5 Territorio y autogobierno
  • «Xerais Novembro 2019 · 05 tivo condutor no españolismo, o BNG é tamén a mellor garantía de defensa das liberdades e dos dereitos democráticos, individuais e colectivos, e actuará sempre como unha muralla contra o fascismo.» Programa electoral 2019, pág. 7 Exterior y defensa
  • «Así, a acción lexislativa do BNG defenderá sempre unha profunda ruptura coa política de clase dos distintos gobernos españois, unha reorientación popular e democrática, no camiño da plena soberanía, que contemple medidas favorábeis ás clases populares.» Programa electoral 2019, pág. 13 Territorio y autogobierno
  • «Reclamaremos que Galiza teña competencia na distribución entre os concellos galegos para rematar coa actual discriminación, e se incorporen criterios propios para o reparto como o avellentamento, a dispersión poboacional e o reequilibrio territorial.» Programa electoral 2019, pág. 19 Igualdad
  • «Mentres non academos o modelo de financiamento adecuado para o noso país, actuaremos contra o actual sistema fiscal, que penaliza as rendas do traballo e os impostos indirectos ao consumo fronte ás rendas do capital.» Programa electoral 2019, pág. 19 Impuestos
  • «Defenderemos unha profunda reforma do sistema fiscal que incremente a capacidade de recadación e á vez o faga desde criterios xustos.» Programa electoral 2019, pág. 19 Impuestos
  • «Reclamaremos unha redución da presión sobre as rendas do traballo, de xeito singular as menores ao duplo do salario mínimo interprofesional, limitando especialmente a imposición indirecta.» Programa electoral 2019, pág. 20 Empleo
  • «Entre tanto, traballaremos por asegurar a permanecia dun sistema público de pensións nas mellores condicións para nmellorar tamén a calidade de vida das clases populares galegas.» Programa electoral 2019, pág. 24 Pensiones
  • «Por iso, en canto Galiza non poida decidir sen interferencias defenderemos políticas feministas para avanzar nos dereitos das mulleres.» Programa electoral 2019, pág. 35
  • «Defenderemos o incremento dos seus recursos económicos e, particularmente, exixiremos a reformulación dos criterios de reparto dos recursos para a administración local para que se teñan en conta as especificidades do noso país como son a dispersión, o alto número de entidades de poboación ou o avellentamento para que os concellos galegos deixen de estar discriminados.» Programa electoral 2019, pág. 35
  • «As persoas trans son especialmente desprotexidas e vulnerábeis, polo que o BNG continuará a promover e apoiar a aprobación dunha lei integral do recoñecemento do dereito á identidade de xénero e que elimine definitivamente a necesidade de diagnóstico de “disforia de xénero” mediante informes médicos ou psicolóxicos, co fin de acabar coa patoloxización das persoas trans.» Programa electoral 2019, pág. 38
  • «En particular, tomaremos parte activa na defensa de todas as medidas que combatan o cambio climático, unha ameaza para a nosa propia supervivencia como especie.» Programa electoral 2019, pág. 40 Energía y clima
  • «Comprometémonos a defender todas as propostas que van encamiñadas a garantir unha maior seguranza para a circulación en motocicleta.» Programa electoral 2019, pág. 49
  • «Ademais, comprometémonos a estudar as mudanzas normativas que puideren ir na liña de facilitar o uso da motocicleta con máis seguranza.» Programa electoral 2019, pág. 50

Se extraen por reglas las frases con un verbo de compromiso en futuro ("bajaremos", "vamos a", "nos comprometemos a", o el partido en tercera persona). Un programa solo se descarga si robots.txt lo permite; si no, se enlaza. El cumplimiento de lo prometido se publicará con su evidencia oficial. Metodología