Portada › Elecciones › Elecciones generales › Promesas
Promesas · BNG
Compromisos citados literalmente de los programas electorales (con su página) y de las declaraciones en canales oficiales desde la convocatoria. Mismo método para todos los partidos.
Qué cambia entre su programa de 2019 y el de 2023
- 1promesas repetidas
- 15nuevas
- 14que ya no aparecen
promesas repetidas
- «O BNG, sen perder nunca de vista o horizonte estratéxico da soberanía, defenderá todas aquelas medidas que se orientaren nun sentido democratizador e de recoñecemento dos nosos dereitos nacionais.» Programa electoral 2023, pág. 10 Territorio y autogobierno
que ya no aparecen
- «Frente a estes retrocesos en dereitos e liberdades, a presenza do BNG en Madrid servirá tamén para defender a democracia e os dereitos individuais e colectivos como pobo, comezando polo dereito de autodeterminación.» Programa electoral 2019, pág. 5 Territorio y autogobierno
- «Xerais Novembro 2019 · 05 tivo condutor no españolismo, o BNG é tamén a mellor garantía de defensa das liberdades e dos dereitos democráticos, individuais e colectivos, e actuará sempre como unha muralla contra o fascismo.» Programa electoral 2019, pág. 7 Exterior y defensa
- «Así, a acción lexislativa do BNG defenderá sempre unha profunda ruptura coa política de clase dos distintos gobernos españois, unha reorientación popular e democrática, no camiño da plena soberanía, que contemple medidas favorábeis ás clases populares.» Programa electoral 2019, pág. 13 Territorio y autogobierno
- «Reclamaremos que Galiza teña competencia na distribución entre os concellos galegos para rematar coa actual discriminación, e se incorporen criterios propios para o reparto como o avellentamento, a dispersión poboacional e o reequilibrio territorial.» Programa electoral 2019, pág. 19 Igualdad
- «Mentres non academos o modelo de financiamento adecuado para o noso país, actuaremos contra o actual sistema fiscal, que penaliza as rendas do traballo e os impostos indirectos ao consumo fronte ás rendas do capital.» Programa electoral 2019, pág. 19 Impuestos
- «Defenderemos unha profunda reforma do sistema fiscal que incremente a capacidade de recadación e á vez o faga desde criterios xustos.» Programa electoral 2019, pág. 19 Impuestos
- «Reclamaremos unha redución da presión sobre as rendas do traballo, de xeito singular as menores ao duplo do salario mínimo interprofesional, limitando especialmente a imposición indirecta.» Programa electoral 2019, pág. 20 Empleo
- «Entre tanto, traballaremos por asegurar a permanecia dun sistema público de pensións nas mellores condicións para nmellorar tamén a calidade de vida das clases populares galegas.» Programa electoral 2019, pág. 24 Pensiones
- «Por iso, en canto Galiza non poida decidir sen interferencias defenderemos políticas feministas para avanzar nos dereitos das mulleres.» Programa electoral 2019, pág. 35
- «Defenderemos o incremento dos seus recursos económicos e, particularmente, exixiremos a reformulación dos criterios de reparto dos recursos para a administración local para que se teñan en conta as especificidades do noso país como son a dispersión, o alto número de entidades de poboación ou o avellentamento para que os concellos galegos deixen de estar discriminados.» Programa electoral 2019, pág. 35
- «As persoas trans son especialmente desprotexidas e vulnerábeis, polo que o BNG continuará a promover e apoiar a aprobación dunha lei integral do recoñecemento do dereito á identidade de xénero e que elimine definitivamente a necesidade de diagnóstico de “disforia de xénero” mediante informes médicos ou psicolóxicos, co fin de acabar coa patoloxización das persoas trans.» Programa electoral 2019, pág. 38
- «En particular, tomaremos parte activa na defensa de todas as medidas que combatan o cambio climático, unha ameaza para a nosa propia supervivencia como especie.» Programa electoral 2019, pág. 40 Energía y clima
- «Comprometémonos a defender todas as propostas que van encamiñadas a garantir unha maior seguranza para a circulación en motocicleta.» Programa electoral 2019, pág. 49
- «Ademais, comprometémonos a estudar as mudanzas normativas que puideren ir na liña de facilitar o uso da motocicleta con máis seguranza.» Programa electoral 2019, pág. 50
- «Noa Presas afirma que, fronte á rutina e á política para ricos do PP, o BNG trae propostas para rescatar a xente nun contexto de inflación desbocada Anuncia que o Bloque emendará as contas do Partido Popular, cuxo modelo avanza cara a unha Galiza cada vez máis desigual Propón unha reforma fiscal baseada na xustiza social para poder financiar un fondo contra a crise de prezos ou axudas para o sector primario» web · 18/10/2026 Impuestos
- «Augura que unha ampla maioría elixirá a papeleta do BNG para recuperar o camiño de avance que o concello iniciou co exrexedor en 2023 Pérez confronta o seu proxecto centrado nas persoas fronte á xestión neglixente dun PP que só deixa promesas baleiras tras un ano de goberno Defensa férrea dos servizos públicos, atención ás parroquias e un municipio máis verde e pensado nas persoas, prioridades do candidato» web · 16/10/2026 Exterior y defensa
- «“Luís Pérez volverá ser o alcalde de Ribeira e con máis forza que nunca o próximo 23M” ▶️ Augura que unha ampla maioría elixirá a papeleta do BNG para recuperar o camiño de avance que o concello iniciou co exrexedor en 2023 🔗 www.bng.gal/articulo/nov...» bluesky · 16/10/2026