Home › Elections › Elecciones generales › Promises
Promises · BNG · 2023
Commitments quoted verbatim from manifestos (with their page) and from statements on official channels since the call. Same method for every party.
What changes between its 2019 and 2023 manifestos
- 1repeated promises
- 15new
- 14no longer present
repeated promises
- «O BNG, sen perder nunca de vista o horizonte estratéxico da soberanía, defenderá todas aquelas medidas que se orientaren nun sentido democratizador e de recoñecemento dos nosos dereitos nacionais.» Manifesto 2023, p. 10 Territory and self-government
no longer present
- «Frente a estes retrocesos en dereitos e liberdades, a presenza do BNG en Madrid servirá tamén para defender a democracia e os dereitos individuais e colectivos como pobo, comezando polo dereito de autodeterminación.» Manifesto 2019, p. 5 Territory and self-government
- «Xerais Novembro 2019 · 05 tivo condutor no españolismo, o BNG é tamén a mellor garantía de defensa das liberdades e dos dereitos democráticos, individuais e colectivos, e actuará sempre como unha muralla contra o fascismo.» Manifesto 2019, p. 7 Foreign affairs and defence
- «Así, a acción lexislativa do BNG defenderá sempre unha profunda ruptura coa política de clase dos distintos gobernos españois, unha reorientación popular e democrática, no camiño da plena soberanía, que contemple medidas favorábeis ás clases populares.» Manifesto 2019, p. 13 Territory and self-government
- «Reclamaremos que Galiza teña competencia na distribución entre os concellos galegos para rematar coa actual discriminación, e se incorporen criterios propios para o reparto como o avellentamento, a dispersión poboacional e o reequilibrio territorial.» Manifesto 2019, p. 19 Equality
- «Mentres non academos o modelo de financiamento adecuado para o noso país, actuaremos contra o actual sistema fiscal, que penaliza as rendas do traballo e os impostos indirectos ao consumo fronte ás rendas do capital.» Manifesto 2019, p. 19 Taxes
- «Defenderemos unha profunda reforma do sistema fiscal que incremente a capacidade de recadación e á vez o faga desde criterios xustos.» Manifesto 2019, p. 19 Taxes
- «Reclamaremos unha redución da presión sobre as rendas do traballo, de xeito singular as menores ao duplo do salario mínimo interprofesional, limitando especialmente a imposición indirecta.» Manifesto 2019, p. 20 Jobs
- «Entre tanto, traballaremos por asegurar a permanecia dun sistema público de pensións nas mellores condicións para nmellorar tamén a calidade de vida das clases populares galegas.» Manifesto 2019, p. 24 Pensions
- «Por iso, en canto Galiza non poida decidir sen interferencias defenderemos políticas feministas para avanzar nos dereitos das mulleres.» Manifesto 2019, p. 35
- «Defenderemos o incremento dos seus recursos económicos e, particularmente, exixiremos a reformulación dos criterios de reparto dos recursos para a administración local para que se teñan en conta as especificidades do noso país como son a dispersión, o alto número de entidades de poboación ou o avellentamento para que os concellos galegos deixen de estar discriminados.» Manifesto 2019, p. 35
- «As persoas trans son especialmente desprotexidas e vulnerábeis, polo que o BNG continuará a promover e apoiar a aprobación dunha lei integral do recoñecemento do dereito á identidade de xénero e que elimine definitivamente a necesidade de diagnóstico de “disforia de xénero” mediante informes médicos ou psicolóxicos, co fin de acabar coa patoloxización das persoas trans.» Manifesto 2019, p. 38
- «En particular, tomaremos parte activa na defensa de todas as medidas que combatan o cambio climático, unha ameaza para a nosa propia supervivencia como especie.» Manifesto 2019, p. 40 Energy and climate
- «Comprometémonos a defender todas as propostas que van encamiñadas a garantir unha maior seguranza para a circulación en motocicleta.» Manifesto 2019, p. 49
- «Ademais, comprometémonos a estudar as mudanzas normativas que puideren ir na liña de facilitar o uso da motocicleta con máis seguranza.» Manifesto 2019, p. 50
- «Na altura das eleccións de 2019 comprometémonos a ser a voz que defendese os intereses da Galiza, a impulsar políticas sociais e a fechar o paso á dereita e ultradereita.» Manifesto 2023, p. 7
- «O BNG, sen perder nunca de vista o horizonte estratéxico da soberanía, defenderá todas aquelas medidas que se orientaren nun sentido democratizador e de recoñecemento dos nosos dereitos nacionais.» Manifesto 2023, p. 10 Territory and self-government
- «Por iso seguiremos a constatar que o estado español é irreformábel na súa esencia, e que precisamos seguir a sumar forzas en favor da» Manifesto 2023, p. 10
- «Vivimos máis anos grazas a un incremento da esperanza de vida, mais, en que condicións vivimos cando imos facendo anos?» Manifesto 2023, p. 18
- «Porén, ámbitos como o xudicial ou o laboral dependen en boa medida do Estado, por iso en canto Galiza non poida decidir por si propia, defenderemos políticas feministas para seguir conquistando dereitos.» Manifesto 2023, p. 21
- «Para tal fin, exixiremos a revisión dos criterios de repartición dos recursos económicos dirixidos á administración local e galega para que teñan en conta a realidade específica galega (dispersión poboacional, alto número de núcleos de poboación e o avellentamento, entre outros) así como os recursos existentes.» Manifesto 2023, p. 21
- «Neste sentido, traballaremos polo respecto á vontade democrática dos pobos, a comezar pola vontade do propio pobo galego e dos seus dereitos e liberdades cívicas, así como de todas as cidadás e cidadáns do Estado, sen exclusión.» Manifesto 2023, p. 27
- «Así, o BNG impulsará e apoiará todas aquelas iniciativas reivindicativas para lograr a conservación, a implantación e a extensión dos dereitos civís, económicos, políticos, sociais e culturais, en franco retroceso durante as últimas décadas.» Manifesto 2023, p. 27
- «despois da sentenza que devolve ao pobo galego o Pazo de Meirás, o BNG seguirá a loitar pola recuperación dos demais bens espoliados polo ditador Francisco Franco e pola súa familia (Casa das Cunchas, Casa Cornide,» Manifesto 2023, p. 28
- «Neste sentido, promoveremos e apoiaremos as mudanzas legais precisas que posibilitaren a convocatoria de referendos vinculantes en asuntos de interese, incluído o dereito de autodeterminación, así» Manifesto 2023, p. 28 Territory and self-government
- «Así mesmo, exixiremos o cumprimento do estabelecido na dA7 da lei de pesca, introducida grazas a unha emenda do BNG, que exixe ao Goberno remitir ás Cortes unha proposta para garantir o voto telemático das e dos mariñeiros embarcados nas frotas de altura.» Manifesto 2023, p. 29 Agriculture
- «O BNG reclamará, máis unha vez, a transferencia da autoestrada á» Manifesto 2023, p. 54
- «O BNG defenderá en todos os ámbitos, e nomeadamente nas Cortes, a superación dun modelo dependente e extractivo que converteu a Galiza en fornecedora de materias primas e enerxía, con altísimos custos sociais e ambientais.» Manifesto 2023, p. 56 Energy and climate
- «tomaremos parte activa na defensa de medidas de resposta á emerxencia ambiental e á crise climática, á perda de biodiversidade, á degradación e á fragmentación de hábitats, ao risco de grandes incendios, á contaminación dos solos e do medio urbano ou aos problemas derivados da escaseza de auga, tanto para o consumo humano como para as actividades económicas.» Manifesto 2023, p. 56 Energy and climate
- «Como criterios xerais, defenderemos a aplicación rigorosa do principio de precaución en todas aquelas actuacións que poidan xerar danos no medio e perdas de biodiversidade, a prevención contra o cambio climático, a xestión circular e de proximidade, a corresponsabilidade e a obriga de internalizar os custos ambientais nas actividades contaminantes.» Manifesto 2023, p. 56 Energy and climate
- «En consecuencia, defenderemos as seguintes liñas de actuación» Manifesto 2023, p. 56